Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 18 de febreiro de 2000 Páx. 2.111

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2000 pola que se convocan cursos básicos de formación en procedementos estatísticos.

En cumprimento da Lei 6/1997, do 31 de xullo, do Plan galego de estatística 1998-2001 e para a execución da operación estatística denominada Formación en procedementos estatísticos, subscribiuse un convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Estatística e a Escola Galega de Administración Pública, para a xestión do programa de formación en materia estatística, polo que se convocan cursos, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Denominación.

Curso básico de formación en procedementos estatísticos.

Segunda.-Obxectivos.

Proporcionar formación ó persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que, no desempeño do seu posto de traballo, realice tarefas estatísticas, co fin de actualiza-los seus coñecementos respecto ás fontes de datos dispoñibles, a correcta utilización dos instrumentos adecuados para a recollida de datos, o seu tratamento e posterior utilización na elaboración de informes.

Terceira.-Destinatarios.

Funcionarios de calquera Administración da Comunidade Autónoma que, no desempeño do seu posto de traballo, realicen funcións relacionadas coa estatística.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e da certificación que, como modelos oficiais, se recollen nos anexos I e II desta resolución e cubrilos en tódolos epígrafes. Para a descrición das tarefas do posto de traballo que teñan especial relación co obxecto do curso poderán, de ser preciso, achegar unha folla adicional.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes rematará 20 días naturais antes da data de comezo dos cursos.

Quinta.-Selección.

A selección farase segundo os seguintes criterios:

-Contido estatístico das tarefas desempeñadas no seu posto de traballo.

-Grao de coñecemento en materia estatística.

-Desempeño de traballos relacionados con rexistros administrativos.

Excluiranse os solicitantes que xa fixeran un curso de similar contido.

En calquera caso, os criterios de selección axustaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

A relación de seleccionados para participar nos cursos exporase nos taboleiros do IGE e da EGAP.

Sexta.-Desenvolvemento.

Duración: 33 horas.

Lugar: Instituto Galego de Estatística, complexo administrativo San Lázaro, rúa San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Datas: os cursos impartiranse en dúas quendas: 22, 23, 29 e 30 de marzo e 5, 6, 12, 13, 25, 26 e 27 de abril.

4, 5, 11, 18, 19, 25 e 26 de outubro e 8, 9, 15 e 16 de novembro.

Horario: de 16.30 a 19.30 horas.

Prazas: máximo de 20.

Sétima.-Modificacións.

Os órganos convocantes reservan para si a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Oitava.-Certificados de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada ó 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, de máis do 15% das horas lectivas programadas, imposibilitará a expedición do certificado e dará lugar á baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

Novena.-Contido.

Organización e fontes estatísticas. A obtención de datos estatísticos. Descrición de datos estatísticos. As principais estatísticas socioeconómicas.

O curso inclúe clases de tipo práctico para ilustra-lo contido do programa.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO II

Don/Dona..., secretario xeral/delegado provincial/responsable dos servicios de persoal na Consellería/Delegación Provincial de...

CERTIFICO:

Que Don/Dona... no desempeño do seu posto de traballo de... realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso...

..., ... de... de 2000.

Asdo.:...