Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 16 de febreiro de 2000 Páx. 1.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/83-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Valdegodos.

Situación: Vilamartín de Valdeorras.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 19 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. aérea a C.T. Arcos e remate na L.M.T. subterránea ó C.T. Paládium. L.M.T. subterránea a 20 kV de 20 metros de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV, con orixe na L.M.T. aérea ó C.T. Paladium e remate no C.T. con 250 kVA, R/T 20.000/380-220 V de Paladium (Valdegodos). R.B.T. aérea de 51 metros en conductor R.Z. e R.B.T. subterránea de 15 metros en conductor R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Ourense, 17 de xaneiro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense