Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Avda. Santiago.
Situación: Ourense.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 120 metros de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. Avda. Santiago-2 e remate na L.M.T. ó C.T. río Camba. C.T. en baixo da Avda. Santiago nº 46 con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. subterránea do anterior C.T. de 85 metros en conductor R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria
e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 17 de xaneiro de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense