Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.944

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDAD COOPERATIVA GALLEGA LIMITADA PINVIGO

ANUNCIO.

En reunión realizada pola asemblea xeral ordinaria da cooperativa, con data do 30 de xuño de 1999, reunindo tódolos requisitos da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, en canto a convocatoria, forma de convocatoria, constitución, funcionamento e maioría para a adopción de acordos, así como os da disposición transitoria terceira da Lei 5/1998, do 18 de decembro e os estatutos, e cumprindo os requisitos esixidos polo artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, en canto a modificación de estatutos, tomouse o seguinte acordo:

Refundir e adapta-los estatutos polos que se rexe a sociedade á Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, quedando estendidos en 22 folios en papel en branco común, que para a súa identificación asinan o presidente e o secretario. Eleva-la cifra do capital social mínimo á cantidade de 500.000 pesetas.

José Luis Tuni Carreiro

Secretario de la Sociedad Cooperativa Gallega

Limitada Pinvigo (domicilio social: r/Chumba Suacasa nº 25, Vigo