Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.944

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ANUNCIO de contratación de persoal.

A Fundación Pública Hospital da Barbanza convoca o posto de director administrativo, de conformidade co seguinte perfil:

-Titulado superior en ciencias económicas ou similar.

-Experiencia nas áreas de recursos humanos e económico-administrativa de hospital, empresa ou fundación.

-Experiencia no deseño de procedementos administrativos e no desenvolvemento de proxectos de certificación de calidade.

-Valoraranse os estudios de posgrao en áreas de xestión.

Os interesados deberán enviar currículum vitae completo á Fundación Pública Hospital da Barbanza, parroquia de Oleiros, 15960 Ribeira, dirixido á directora da fundación, indicando no sobre a referencia DIRADM, no prazo máximo de dez días naturais contados desde a súa publicación no DOG.

Ribeira, 7 de febreiro de 2000.

Blanca García Varela

Directora da Fundación Pública Hospital

da Barbanza