Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DAS TERRAS DO NÁVEA BIBEI

ANUNCIO.

Mediante acordo do Pleno da Mancomunidade das Terras do Návea-Bibei apróbase o expediente de contratación por concurso en procedemento aberto, declarado de tramitación urxente, relativo á xestión indirecta mediante concesión do servicio do matadoiro da mancomunidade; así como o prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación e que se expón ó público na secretaría

mancomunal durante os catro días hábiles seguintes ó da publicación no BOP e no DOG, deste anuncio.

Ó mesmo tempo, acórdase abri-lo procedemento de licitación (só se suspenderá a licitación se se presentasen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas que a rexen e sempre que iso resulte necesario), publicando no BOP e no DOG a seguinte:

Convocatoria de concurso en procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Mancomunidade das Terras do Návea-Bibei.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 2000/01/01/C.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adxudicación da xestión indirecta mediante concesión do matadoiro da mancomunidade comporta a xestión e explotación do servicio nos termos e condicións que se deriven da contratación, así como, da lexislación xeral que resulte da aplicación.

b) Lugar de execución: matadoiro mancomunal das Terras do Návea-Bibei, sede na Pobra de Trives (Ourense).

c) Prazo da concesión: os cinco anos seguintes á data do contrato, sendo estes prorrogables nos termos que se explicitan no prego.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación.

3 ptas. por kg/canal.

A aplicación desta cantidade efectuarase ó total de quilos a que ascenda mensualmente o total de animais sacrificados.

A cantidade sinalada poderá ser mellorada á alza polos participantes no concurso.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 500.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Mancomunidade das Terras do Návea-Bibei.

b) Domicilio: Paseo de San Roque, 4-1º.

c) Localidade e código postal: A Pobra de Trives 32780.

d) Teléfono: 988 33 09 09.

e) Fax: 988 33 10 10.

f) C:mail:CTRIVESX*teleline.es.

g) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no BOP e no DOG. Se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo.

7. Requisitos específicos do contratista: non se establecen.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP e DOG. Se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo.

b) Documentación: presentarase en 3 sobres de conformidade co establecido no prego de condicións onde poderá tamén obte-lo modelo de proposición.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Mancomunidade das Terras do Návea-Bibei, A Pobra de Trives.

2ª Domicilio: Paseo de San Roque, 4-1º, A Pobra de Trives.

3ª Localidade e código postal: A Pobra de Trives 32780.

4ª Prazo: 13 días naturais desde o seguinte á última publicación no DOG e BOP.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Mancomunidade das Terras do Návea-Bibei, A Pobra de Trives.

b) Domicilio: Paseo San Roque, 4.1º.

c) Localidade: A Pobra de Trives.

d) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, agás que coincida con sábado, domingo ou festivo, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

10.1. Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso:

1º Experiencia e servicios acreditados como xestor de matadoiros públicos, de 0 a 5 p.

2º Plan de organización da xestión do servicio proposto polos concorrentes, de 0 a 5 p.

3º Obras, instalacións ou melloras non obrigatorias que se comprometa a executar pola súa conta co obxecto de mellora-lo servicio, de 0 a 5 p.

4º Canon ofertado á Administración, de 0 a 10 p.

5º Compromiso de contratación do persoal dentro da área da mancomunidade, de 0 a 5 p.

10.2. Garantía responsabilidade civil do concesionario:

O adxudicatario da concesión, co obxecto de garantir e responder da prestación do servicio, antes do inicio deste, presentará unha póliza de seguros que garanta a súa responsabilidade, cubrindo riscos ata un importe de 25.000.000 de ptas., tendo vixencia mentres dura a concesión.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Luis Álvarez González

Presidente da Mancomunidade das Terras

do Návea-Bibei