Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 326/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 3 de febreiro do ano 200 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación da UA 13 do SU-14, do PXOU de Ourense, por instancia de Antonio Rodríguez Campos en representación de Campos y Carbajales S.L. e de José Vila Rejo, en reprentación de Obras y Construcciones El Cumial S.L

2. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da zona 13 do SU-14 do PXOU de Ourense condicionado ó cumprimento das condicions técnicas sinaladas nos informes do Servicio Eléctrico e do Servicio de Medio Ambiente e do Servicio de Enxeñería, que figuran no expediente e logo de constitución da garantía polo importe de cincuenta e oito millóns corenta e seis mil oitocentas oitenta e dúas pesetas (58.046.882 ptas.) co obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coa da edificación.

Os promotores deberán presentar durante o período da información pública o estudio de estabilidade dos muros de gravidade proxectados segundo o informe do Servicio de Enxeñería do 2 de febreiro de 2000.

De conformidade co disposto nos artigos 137, 102 e 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 7 de febreiro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde