Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

ANUNCIO de licitación por concurso.

De conformidade co disposto no artigo 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, anúnciase concurso con procedemento aberto, para a contratación da subministración, na modalidade de aluguer, dun camión para o Servicio Municipal de Obras do Concello de Fene, de conformidade co seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a subministración, na modalidade de aluguer, dun camión para o Servicio Municipal de Obras do Concello de Fene.

2. Tipo de licitación: 16.102.000 ptas. IVE incluído, así como o importe de matriculación e rotulación co escudo do concello, a operación de leasing e tódolos gastos de formalización da citada operación.

Como parte do pagamento do prezo do contrato entregarase o vehículo das características que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Financiamento: modalidade de arrendamento financeiro (leasing ou renting) mediante renda periódica mensual de 60 cotas constantes comprensivas de amortización e xuros (5 anos), establecéndose a opción de compra para adquisición do ben que se fará efectiva co pagamento da derradeira sesentava cota. Os pagamentos efectuaranse con cargo á partida 511.20400 do estado de gastos do orzamento do exercicio correspondente.

4. Exposición de pregos de cláusulas administrativas: os pregos de cláusulas administrativas particulares aprobados pola Corporación Municipal en sesión do 7 de outubro de 1999, estarán de manifesto ó público por espacio de quince días hábiles na xecretaría do concello (teléfono: 981 49 27 70 e fax 981 49 27 88), contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio do concurso, para os efectos de reclamacións, simultaneamente co presente edicto de licitación, se ben este se aprazará no suposto de se formularen reclamacións contra o dito prego.

5. Garantía provisional: será do 2% do tipo de licitación (322.040 ptas.).

6. Garantía definitiva: será do 4% do orzamento de licitación (644.080 ptas.).

7. Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral de Entrada de documentos, en man, dentro do prazo de vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da data da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, segundo proceda, en horas das 10 ás 13, en tres sobres pechados (sobre A, subtitulado «Oferta económica»; sobre B, subtitulado «Personalidade xurídica e xustificantes», e sobre C, subtitulado «Referencias técnicas», asinados polo licitador ou persoa que o represente, e cada un deles conterá a documentación e requisitos esixidos na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura do sobre que conteña a proposición económica: terá lugar na sala de comisións do Concello de Fene, ás 11.30 horas do sétimo día hábil seguinte á conclusión do prazo de presentación de proposicións, agás que coincidise en sábado, caso no que se trasladará ó seguinte día hábil.

9. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica: a solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios sinalados no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas e a solvencia técnica, por calquera dos sinalados no artigo 17 da mesma lei.

10. Modelo de proposición: as proposicions axustaranse ó seguinte modelo:

D./Dª. ..., maior de idade, veciño/a de ..., con enderezo en ..., titular do DNI nº ..., en nome propio (ou en representación de ..., veciño/a de ..., con enderezo en ..., DNI ou CIF nº ..., conforme acredita con poder verificado na súa suficiencia) toma parte no procedemento aberto mediante concurso tramitado polo Concello de Fene, para adxudica-la subministración de ..., e comprométese a realizalo, con suxeición ó prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, facendo constar:

1. Que polo vehículo que entregará o concello, que se describe na cláusula 2ª, ofrece o prezo de ... pesetas.

2. Que, en consecuencia, o prezo neto que ofrece, deducido o prezo que ofrece polo vehículo, ascende á contía de ... pesetas, e segundo o seguinte cadro de cotas de aluguer comprensivas de amortización e xuros aplicable, ó período de arrendamento: ...

3. Que realizará a referida subministración no prazo de ...

4. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven do prego de condicións deste contrato.

5. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

... o ... de ... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

11. Gastos de publicidade: os gastos de publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario, así como os de adxudicación, impostos, contribucións, taxas e prezos públicos que pesen sobre o contrato ou, se é o caso, sobre o obxecto do contrato.

12. Adxudicación do concurso: a adxudicación do concurso efectuarase ó licitador que obtivera a puntuación maior, de conformidade co establecido na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Fene, 17 de xaneiro de 2000.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde