Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 14 de xaneiro de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación, non puideron ser atopados nos domicilios que

figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046/0095/60/000003550053 do Banco Galego, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1685/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tri

bunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Ferrol, 14 de xaneiro de 2000.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

Suxeito pasivoDNI/CIFConceptoPeríodoDébeda

Circo IalianoAsistencia sanitaria19-7 ó 19-7-199521.900

Alicia Palacios Mariño35.305.105Asistencia sanitaria21-4 ó 21-4-199623.000

Alicia Palacios Mariño35.305.105Asistencia sanitaria8-6 ó 8-6-199623.000

Carmen González Gómez32.468.345Asistencia sanitaria22-5 ó 22-5-199623.000

Carlos Olaya Dito44.169.385Asistencia sanitaria11-6 ó 11-6-199824.329

Tomás Mosquera Timiraos33.749.448Asistencia sanitaria20-8 ó 20-8-199824.329

Mª Carmen Méndez Martorel32.663.268Asistencia sanitaria29-8 ó 24-8-199824.329