Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 5 de novembro de 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que se insire a continuación non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro ou se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións

polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046/0014/33/0010230081, Banco Galego, oficina principal, situada na Praza do Ferrol, nº 6 de Lugo, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral da recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no devandito artigo 20 do RXR esixiranse os correspondentes xuros de demora, (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobro, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer no prazo de 15 días, a partir do seguinte a esta notificación, recurso de reposición ante o órgano emisor ou reclamación económica-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste, lles sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Lugo, 5 de novembro de 1999.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo

Suxeto pasivoDNI/CIFConceptoPeríodoDébeda

Pablo Méndez González33.332.307VAsistencia sanitaria5-9-199723.805

M. Nieves Benavides Caballero9.284.054NAsistencia sanitaria28-12-199759.513

Patricia Fulgencio Mayor33.351.537LAsistencia sanitaria28-2-199924.840

Liliam Janneth Palacio García42.685.485AAsistencia sanitaria3-5-199924.840

Matías Ferreiro Núñez33.575.509VAsistencia sanitaria29-12-199824.329

José M. Fernández López33.328.312RAsistencia sanitaria15-7-199824.329

José Manuel Sueiras Pascual33.307.564GAsistencia sanitaria15-11-199824.329

María Jesús Guizán Durán33.819.836WAsistencia sanitaria3-7-199723.805

Delfina Ferreruela Romero12.237.718QAsistencia sanitaria8-12 al 16-12-1998400.800

Verónica Corpas Moreira47.025.927NAsistencia sanitaria28-9 al 6-10-1998447.977

Raimundo Digón González10.016.588LAsistencia sanitaria5-10-199723.805

Josef Bernahard SeitleX0849018LAsistencia sanitaria14-8-199723.805

Faustino Rodríguez García33.314.623CAsistencia sanitaria31-1-199924.329