O director xerente de Atención Primaria de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e para cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos contratos que se citan.
1. Expediente: CP-SX-1/00.
a) Obxecto: servicio de limpeza no Centro de Saúde Valle Inclán de Ourense.
b) Adxudicatario: Limpiezas Gómez, S.L.
c) Importe: 3.235.296 ptas. (IVE incluído).
2. Expediente: CP-SX-2/00.
a) Obxecto: servicio de limpeza no Centro de Saúde de Celanova.
b) Adxudicatario: Limpiezas del Noroeste, S.A. (Linorsa).
c) Importe: 5.094.720 ptas. (IVE incluído).
1. Expediente: CP-SX-3/00.
a) Obxecto: servicio de limpeza no Centro de Saúde de Xinzo de Limia.
b) Adxudicatario: Eurolimp, S.A.
c) Importe: 5.649.984 ptas. (IVE incluído).
Ourense, 18 de xaneiro de 2000.
José F. Troncoso Casares
Director xerente de Atención Primaria de Ourense