A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde de 21-4-1998, do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público para a subministración sucesiva de equipos de administración de fluídos.
1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Provincial da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3-4º planta, teléfono: 981 18 56 00, fax: 981 18 56 78.
2. Modalidade da adxudicación: concurso público.
3. a) Lugar da entrega da subministración: as entregas do material faranse nos lugares de almacenamento que indique cada hospital ós adxudicatarios.
b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: equipos de administración de fluídos (véxase prego de prescricións técnicas).
Orzamento total: sesenta e dous millóns catrocentas noventa e sete mil pesetas pesetas (62.497.000 ptas.), IVE incluído (375.614,535 euros).
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto da subministración requirida: a licitación versará sobre a totalidade dos lotes, ou sobre cada un deles.
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: as entregas faranse por demanda de cada centro hospitalario.
5. a) Nome e enderezo do servicio ó que se poden solicita-los documentos pertinentes: ve-lo punto 1.
b) Data límite para efectuar esta solicitude: 9 de marzo de 2000.
6. a) Data límite da recepción das ofertas: 16 de marzo de 2000 rematando ás 14 horas.
b) Enderezo ó que deben dirixirse: véxase o punto 1.
c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.
7. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: a partir das 10 horas no enderezo que se sinale no punto 1, o día 27 de marzo de 2000.
8. Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional previa, equivalente ó 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que se presente a empresa ofertante. Unha vez adxudicados os lotes, os adxudicatarios deberán constituír unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación dos lotes que lles foron adxudicados.
9. Modalidades esenciais de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: o pagamento realizarase mediante transferencia bancaria á conta designada polo adxudicatario, unha vez recibida a subministración, debendo terse en conta, en todo caso, o establecido no artigo 100 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.
10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores:
11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricions técnicas.
12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.
13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ve-lo prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.
14. Variantes: non se admiten.
15. Información adicional: véxase o punto 1.
16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non-publicación: non se publicou.
17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais da Comunidades Europeas: 24 de xaneiro de 2000.
18. Data de recepción do anuncio.
19. Anuncios: o pagamento da publicidade deste concurso público será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do contrato ou contratos.
A Coruña, 17 de xaneiro de 2000.
Antonio V. Martínez Calvo
Director provincial da Coruña