Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2000 pola que se lle notifica a Jesús Gabarre Borja a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de aluguer da súa vivenda (expediente PO 83400, conta 37).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado, sen que se puidese practicar, notifícaselle a Jesús Gabarre Borja a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 4 de novembro de 1999, pola que se acorda a

resolución de pleno dereito do contrato de aluguer relativo á vivenda de protección oficial da que é adxudicatario, recaída en procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento.

Contra a citada resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

«Expediente de desafiuzamento administrativo. Resolución.

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Jesús Gabarre Borja, beneficiario da vivenda obxecto da presente resolución, situada na rúa Alexandre Bóveda, nº 8-1º A de Vigo (Pontevedra) correspondente ó:

Expediente: PO 83400, conta 37, por incumprimento do contrato en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública.

Tendo en conta os seguintes:

Feitos.

1. Que a entidade colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia emite certificado no que se comproba a falta de pagamento dos recibos pendentes por un importe total que ascende a 954.511 ptas. na data do 19 de abril de 1999.

2. Que requirido por carta certificada con notificación da recepción, que se atopa incorporada ó expediente, para que no prazo de dez días efectuase o pagamento das cantidades debidas ata esa data, o dito requirimento non foi recibido, polo que foi notificado conforme o disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

3. Con data do 23 de marzo de 1999, a Área Provincial en Pontevedra informa que sobre a vivenda obxecto deste expediente existe solicitude de regularización de ocupantes.

4. Con data do 25 de outubro de 1999, a empresa recadadora certifica unha débeda acumulada de 1.031.804 ptas.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

2. Os feitos denunciados constitúen causa legal suficiente de resolución do contrato, desafiuzamento e lanzamento da vivenda.

3. Na tramitación do expediente observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e artigo 8.5º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vistos os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

1. Acorda-la resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda, que levará a cabo o representante da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán, S.L. que se designe, con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do IGVS e coa preceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, incorporada ó expediente e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselle ó interesado que, de conformidade co establecido no Regulamento de VPO, poderá evita-lo lanzamento aboando o total da débeda ca recarga do 10% no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación.

2. A resolución en firme do contrato suporá a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no artigo 20 c) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Notifíquese a presente resolución ós interesados con expresión dos recursos legais que procedan. En Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1999. Asdo.: José Antonio Redondo López, director xeral do IGVS».

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo