Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2000 pola que se anuncia poxa pública para o alleamento de locais comerciais, integrados nos grupos ou polígonos dos expedientes que se indican.

Anúnciase poxa pública para o alleamento, de conformidade co previsto no artigo 2 do Decreto 125/1998, do 16 de abril, sobre normas de adxudicación de locais de negocio do Instituto Galego da Vivenda e Solo, dos locais comerciais existentes na provincia de Pontevedra, integrados nos grupos ou polígonos de vivendas construídos ó abeiro dos expedientes que a continuación se relacionan, con expresión da súa numeración, situación, superficie aproximada e importe tipo.

Expte.: PO-687.

Localidade: Virxe do Camiño-R. Sagasta, Pontevedra.

Local nº predio rexistral: 42.

Situación planta-bloque-portal: baixa.

Sup. Aprox. m útiles: 30.

Importe pesetas: 26.300.000.

Local nº predio rexistral: 46.

Situación planta-bloque-portal: baixa.

Sup. Aprox. m útiles: 80.

Importe pesetas: 62.790.000.

Expte.: PO-91/030.

Localidade: Rivera Atienza-Vigo (Pontevedra).

Local nº predio rexistral: 103.

Situación planta-bloque-portal: baixa, B-11, zona III.

Sup. Aprox. m útiles: 38,88.

Importe pesetas: 1.749.600.

Expte.: PO-91/040.

Localidade: Rivera Atienza-Vigo (Pontevedra).

Local nº predio rexistral: 115.

Situación planta-bloque-portal: baixa, B-14, zona IV.

Sup. Aprox. m útiles: 327,80.

Importe pesetas: 19.668.000.

Local nº predio rexistral: 116.

Situación planta-bloque-portal: baixa, B-14, zona IV.

Sup. Aprox. m útiles: 475,22.

Importe pesetas: 28.513.200.

Expte.: PO-91/080.

Localidade: O Rosal-Gondomar (Pontevedra).

Local nº predio rexistral: 3-A.

Situación planta-bloque-portal: baixa, B-III.

Sup. Aprox. m útiles: 29,58.

Importe pesetas: 1.626.900.

A poxa rexerase polo prego de cláusulas administrativas particulares aplicable ó alleamento dos locais de negocio, en diante (PCAP), aprobado por esta dirección xeral con data do 11 de novembro de 1999, que estará á disposición dos posibles licitadores nos rexistros xerais dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Santiago de Compostela e na súa Delegación Provincial de Pontevedra.

O prazo de presentación das proposicións pecharase ás catorce horas do vixésimo sexto día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o último día para a presentación de proposicións, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do día seguinte hábil. As propostas que se axustarán as previsións contidas no PCAP, presentaranse en sobre pechado no rexistro xeral dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito na Área Central, s/n Polígono das Fontiñas de Santiago de Compostela, e na súa Delegación Provincial de Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia nº 7, de 9 a 14 horas, ou ben por correo. Se se utiliza o procedemento de envío por correo, deberanse cumpri-los requisitos establecidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratacións do Estado, modificado polo Real decreto 2528/1986, do 28 de novembro.

A poxa celebrarase en acto público nas dependencias da Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra, ás 10 horas do cuarto día seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. De coincidir en sábado entenderase prorrogado ó seguinte día hábil.

Os importes dos anuncios serán satisfeitos proporcionalmente polos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo