Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2000 sobre revogación do título-licencia da axencia de viaxes a Viajes Fergatur, S.A. con código identificativo XG-2, pertencente ó grupo maiorista e con casa central na rúa Fernando III O Santo, 43-entresollado, na cidade de Santiago de Compostela.

Visto o expediente de revogación do título-licencia da axencia de viaxes, Viajes Fergatur, S.A. sita na rúa Fernando III O Santo, 43-entresollado, na cidade de Santiago de Compostela, da que son representantes legais Marcelino Martín Fuentes Ramos, Luís Gago Babío, José Ángel Espada Barros e Manuel Rodríguez Rodríguez.

Resultando que con datas do 8-5-1998 e 6-9-1999 a Inspección de Turismo constatou a inactividade da referida axencia de viaxes.

Resultando que con base no establecido no artigo 12 e) do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, se lle notificou á citada axencia, mediante cédula do 22 de novembro de 1999 (DOG nº 239, do 14 de decembro) que a inactividade da axencia de viaxes sen causa xustificada, ó longo dun ano continuado é causa de revogación do título-licencia, concedéndoselle un prazo de 15 días para efectua-las alegacións que estimase pertinentes.

Resultando que nese prazo o interesado non efectuou alegacións.

Considerando que, segundo establece o devandito artigo 12 do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, constitúe causa de revogación do título-licencia das axencias de viaxes non mante-la actividade da axencia ó longo dun ano continuado sen causa xustificada.

Vista a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1993, do 13 de xaneiro, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que

se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, esta consellería

RESOLVE:

Revoga-lo seu título-licencia á axencia de viaxes Viajes Fergatur, S.A. con código identificativo XG-2 pertencente ó grupo maiorista e con casa central na rúa Fernando III O Santo, 43-entresollado, da cidade de Santiago de Compostela.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2000.

P.O. (Orde 20-2-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo