Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2000 Páx. 1.918

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2000 sobre revogación do título-licencia da axencia de viaxes a Viajes Emitur, S.A. con código identificativo XG-36, pertencente ó grupo maiorista e con casa central na rúa Romero Donallo, 34-entresollado, na cidade de Santiago de Compostela.

Visto o expediente de revogación do título-licencia da axencia de viaxes, Viajes Emitur, S.A. sita na rúa Romero Donallo, 34 entresollado, na cidade de Santiago de Compostela, da que son representantes legais Juan José Hidalgo Acera, Rubén Cerqueiro Blanco e Manuel Pereira Delgado.

Resultando que con datas do 6-3-1998, do 8-6-1999 e do 6-9-1999, a Inspección de Turismo constatou a inactividade da referida axencia de viaxes.

Resultando que con base o establecido no artigo 12 e) do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, se lle notificou á citada axencia, mediante cédula do 22 de novembro de 1999 (DOG nº 239, do 14 de decembro) que a inactividade da axencia de viaxes sen causa xustificada, ó longo dun ano continuado é causa de revogación do título-licencia, concedéndoselle un prazo de 15 días para efectua-las alegacións que estimase pertinentes.

Resultando que nese prazo o interesado non efectuou alegacións.

Considerando que, segundo establece o devandito artigo 12 do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, constitúe causa de revogación do título-licencia das axencias de viaxes non mante-la actividade da axencia ó longo dun ano continuado sen causa xustificada.

Vista a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1993, do 13 de xaneiro e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, esta consellería

RESOLVE:

Revoga-lo seu título-licencia á axencia de viaxes, Viajes Emitur, S.A. con código identificativo XG-36

pertencente ó grupo maiorista e con casa central na rúa Romero Donallo, 34-entresollado, de Santiago de Compostela.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2000.

P.O. (Orde 20-2-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo