Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRO DE REI

ANUNCIO de licitación: concurso para o arrendamento da xestión indirecta do servicio de cafetería no mercado gandeiro de Castro de Ribeiras de Lea, concello de Castro de Rei.

Convocado por acordo do Pleno do Concello, con data do 10 de novembro de 1999, no que se aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que se somete a información pública polo prazo de oito días, simultaneamente co anuncio de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Castro de Rei.

Órgano de contratación: Pleno do Concello.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Negociado de Contratación.

2. Obxecto do contrato: arrendamento da xestión indirecta do servicio de cafetería no mercado gandeiro de Castro de Ribeiras de Lea. Duración do contrato: cinco anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, en procedemento aberto, mediante concurso.

4. Tipo base de licitación e criterios de selección:

Tipo de licitación ou renda anula mínima que se vai ofertar: 157.538 pesetas, que os ofertantes mellorarán á alza.

Criterios de selección: os contidos na cláusula XVI do prego de claúsulas administrativas particulares.

5. Garantías:

Provisional: constituirana os licitadores: 25.000 ptas.

Definitiva: igual ó importe dun trimestre do canon ou renda ofertada, cun mínimo de 50.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

Nas oficinas municipais, das 9 ás 14 horas, ata o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Teléfonos: 982 31 40 34 e 982 31 41 32. Telefax: 982 31 40 61.

7. Presentación de ofertas e documentación:

Dentro dos vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación do último dos anuncios inseridos no BOP de Lugo e no DOG.

Presentaranse no modelo que se lles facilitará ós interesados nas oficinas municipais, e na forma e coa documentación que se específica na cláusula XIII do prego de cláusulas administrativas particulares.

Castro de Rei, 10 de xaneiro de 2000.

Arturo Pereiro Vilariño

Alcalde