Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para adquisición de equipamento de moblaxe clínica, por medio de subministracións sucesivas, con destino ó Hospital Montecelo de Pontevedra. (SCS.-14/2000) (6 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: adquisición de equipamento de moblaxe clínica con destino ó Hospital Montecelo de Pontevedra. (6 lotes).

Orzamento: vintecatro millóns cento seis mil duascentas cincuenta pesetas IVE incluído. (24.106.250 ptas.), (144.881,48 euros).

Lote 1: moblaxe clínica de farmacia, 4.400.000 ptas.

Lote 2: negatoscopios de uso xeral, 1.636.000 ptas.

Lote 3: angarellas, 5.083.000 ptas.

Lote 4: carros para diversos servicios, 2.145.000 ptas.

Lote 5: moblaxe para diversos servicios, 8.713.250 ptas.

Lote 6: moblaxe cirúrxica, 2.129.000 ptas.

Garantía provisional:

Lote 1: 88.000 ptas.

Lote 2: 32.720 ptas.

Lote 3:101.660 ptas.

Lote 4: 42.900 ptas.

Lote 5: 174.265 ptas.

Lote 6: 42.580 ptas.

Ver resumo do prego de prescricións técnicas (ver anexo III).

Forma de adxudicación: concurso público, e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2000.

Admisión de variantes: admítese a presentación de variantes.

Cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres.

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

Solvencia técnica: no caso dos productos sanitarios, a solvencia técnica acreditarase mediante declaración responsable do cumprimento da lexislación vixente en especial no R.D. 414/1996, do 1 de marzo, (marcado CE, de acordo coa directiva 89/336CE ou 93/42CE xunto co número de identificación do organismo notificado, con excepción nos productos da clase I).

No caso doutros productos que non precisen axustarse ó establecido no citado real decreto, a solvencia técnica acreditarase mediante algún dos documentos sinalados no anexo II do prego, xunto cunha declaración responsable do licitador relativa á non aplicabilidade.

Criterios de adxudicación:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: cumprimento das características técnicas mínimas esixidas, incorporación de características técnicas superiores ás mínimas esixidas, resultado da análise do cadro comparativo, deseño e ergonomía, etc.: ata 50 puntos.

2. Características da prestación do servicio: tempo de resposta e servicio técnico na praza, duración e cobertura da garantía, do contrato de mantemento a todo risco, resultado da análise do cadro comparativo, etc.: ata 25 puntos.

3. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

4. Outros valores engadidos: (cumprimento ISO 9000, inclusión de características non esixidas nos pregos de prescricións técnicas etc.): ata 10 puntos.

Documento de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifes

to e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborais, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Socias Edificio Administrativo San Caetano, bloque nº 2-2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos