Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/38-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: anel norte Betanzos.

Situación: Betanzos.

Descricións técnicas: instalación eléctrica denominada anel norte de Betanzos, constituída por liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 16 m de lonxitude, con orixe no C.S. estación e final na liña denominada Marina (expediente 105/1994) de 80 m de lonxitude, con

orixe no C.S. estación e final na liña que alimenta o C.T. serradoiro Mandeo (particular). De 10 m de lonxitude, con orixe no C.S. Magdalena e final na liña 1 O Pedrido (expediente 27373). De 100 m de lonxitude, con orixe no C.S. Magdalena e final na liña Carral (expediente 27209). De 545 m de lonxitude, con orixe no C.S. Magdalena e final no S.C.S. piscina. De 170 m de lonxitude, con orixe no C.S. piscina e final na liña telefónica (expediente 31172). De 224 m de lonxitude, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.

A Coruña, 20 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña