Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/469-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. emerxencia Laxe-Túnel e reforma CC.TT.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 295 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Gran Vía S, ata o enlace coa L.M.T. existente ó C.T. Lóriga, á altura do cruzamento das rúas Venezuela e Simón Bolívar, no concello de Vigo. Reforma C.T. Gran Vía S con dúas celas de liña. Reforma C.T. Lóriga con tres celas de liña. Reforma C.T. Túnel cun conxunto terminación exterior. Reforma C.T. Laxe con dúas celas de liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 17 de decembro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra