Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.835

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (950/1999).

José Luis Gutiérrez Martín, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número oito de Vigo e o seu partido xudicial.

Fago saber que, perante este xulgado, se seguen autos de creba voluntaria, de que se fará mención, baixo o número 950/1999, nos que, no día da data, foi dictada resolución que literalmente di:

«Auto.

A maxistrada-xuíza María Begoña Rodríguez González.

En Vigo, o vinteún de decembro de mil novecentos noventa e nove.

Feitos.

Único.-A procuradora María Auxiliadora Ruíz Sánchez, en nome e representación da entidade mercantil Intercao S.L., formulou escrito ó que xuntaba a documentación que estimou oportuna e que por reparto correspondeu a este xulgado, mediante o cal promovía xuízo universal de creba voluntaria da dita entidade, expoñendo cantos antecedentes e fundamentos se dan aquí por reproducidos e rematando coa súplica de que se dictase auto no que se declara o estado de creba da súa representada, ratificándose na documentación presentada ó legal representante da mencionada entidade.

Razoamentos xurídicos.

Único.-Tendo en conta canto establece o artigo 874 e seguintes do Código de comercio e 1323 e seguintes da Lei de axuizamento civil e da documentación achegada, despréndese que a entidade mercantil Intercao, S.L., sobreseu de maneira xeral as súas obrigas de pagamento, sendo pois procedente declarala en estado legal de creba.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación, María Begoña Rodríguez González, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número oito de Vigo e o seu partido xudicial,

Parte dispositiva.

Acordo.

1. Que debo declarar e declaro en estado legal de creba a entidade mercantil Intercao, S.L., tendo

por vencidas tódalas débedas pendentes desde esta data, declarándoa inhabilitada para a administración dos seus bens.

2. Noméase comisario da creba a Rafael García Quintela e depositario a Rafael Moreno García, ós que se lles fará saber para os fins de aceptación e xuramento do cargo.

3. Lévese a efecto a ocupación de tódolos bens e pertenzas da entidade crebada e dos libros, papeis e documentos do seu xiro.

4. Tómese anotación no Rexistro Mercantil e, se é o caso, no da Propiedade, da incapacidade da entidade crebada para administrar e dispor dos seus bens, expedíndose para tal fin os correspondentes mandamentos.

5. Con calidade de por agora e sen prexuízo de retrotrae-los efectos desta declaración de creba.

6. Fágaselle saber ó comisario que deberá presentarlle ó xulgado en termo de terceiro día, contado a partir da data en que se conclúa a ocupación de bens e documentos, relación detallada e concreta do estado de acredores dela, polo que resulte do balance, libros de comercio, papeis, correspondencia e demais elementos documentais e doutra índole que a ocupen e cantos cheguen ó seu coñecemento por calquera outro medio.

7. Fágaselle saber ó dito comisario que no prazo de quince días deberá emiti-lo informe a que se refire o artigo 1382 da Lei de axuizamento civil, co fin de encabeza-la peza de cualificación da creba.

8. Publíquese a presente declaración de creba por medio de edictos que se fixarán no taboleiro de anuncios deste xulgado e se publicarán no Boletín Oficial del Estado e desta comunidade autónoma, mencionándose neles que ninguén faga pagamento nin entregue bens á crebada, debendo verificalo ó depositario nomeado, e no seu día ós síndicos que se designen, baixo apercibimento de non telos por liberados das súas obrigas e advertíndolles tamén a cantas persoas teñan bens de pertenza da crebada que fagan manifestacións deles por nota que lle entreguen ó comisario, xa que, de así non facelo, serán tidos por ocultadores de bens e cómplices da creba.

9. Decrétase a retención da correspondencia postal e telegráfica da crebada cos límites que marca o artigo 1058 do Código de comercio vixente, expedíndose para iso os correspondentes despachos.

10.Decrétase, así mesmo, a acumulación a este xuízo universal de tódalas execucións que houbese pendentes contra a crebada; para este fin expediranse os correspondentes oficios a tódolos xulgados de igual clase desta localidade.

11. Unha vez que se presente a lista de acredores, déase conta co fin de convoca-la primeira xunta xeral, e, firme que sexa este auto, e coñecidas as execucións pendentes, acordarase o demais procedente.

12. Notifíqueselle este auto ó Ministerio Fiscal e póñase en coñecemento do presidente do Tribunal Superior de Xustiza e do Fondo de Garantía Salarial.

Así, por este meu auto, dispóñoo, mándoo e asínoo. Dou fe.

A maxistrada-xuíza».

E, para que conste e sirva de publicidade e para a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado, boletín oficial da Comunidade Autónoma e Boletín Oficial del Estado, expido e asino o presente edicto na cidade de Vigo, o vinteún de decembro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado