Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.832

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 4 (auxiliar de fogar/coidador auxiliar/auxiliar coidador) do grupo IV (lista A), de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999.

Publicada a Resolución do 3 de decembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 242, do 17 de decembro) relativo á publicación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondente á categoría 4 (auxiliar de fogar/coidador auxiliar/auxiliar coidador do grupo IV (lista A), e unha vez finalizados os prazos previstos nos puntos terceiro e cuarto da citada resolución e elaboradas as listas definitivas pola comisión permanente de selección para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, na sesión que tivo lugar o día 2 de febreiro de 2000, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral da categoría 4 (auxiliar de fogar/coidador auxiliar/auxiliar coidador do grupo IV (lista A).

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos, coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-No anexo I, ó que se refire o punto segundo desta resolución, figuran os solicitantes incluídos na lista da citada categoría.

Cuarto.-En todo caso, terán que acreditar, no momento no que acepten o posto de traballo que se lles oferte, a documentación precisa, tal e como se dispón na base 4ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999.

Quinto.-A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición desta resolución, quedarán sen efecto as listas da dita categoría elaboradas anteriormente, tal e como se establece na base 6ª da

resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 129, do 7 de xullo).

Sexto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública