Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 14 de febreiro de 2000 Páx. 1.816

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 31 de xaneiro de 2000 pola que se nomea vocal por designación do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea.

No artigo 5 do Decreto 326/1996, do 26 de xullo, de regulamentación do Centro Galego de Arte Contemporánea, establécese que o Padroado do CGAC será o seu órgano rector colexiado, indicando a composición dos seus membros; e que lle corresponde ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo o nomeamento dos vocais por designación entre persoas de recoñecido prestixio ou competencia en asuntos relacionados coa cultura e as artes plásticas ou que se distinguiran polos servicios ou axudas ó Centro Galego de Arte Contemporánea.

É polo que, conforme as facultades conferidas na disposición derradeira primeira do citado decreto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear como vocal por designación do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea a Domingo Aller Rodríguez.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta e un de xaneiro de dous mil.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo