Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2000 Páx. 1.779

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 1 febreiro de 2000 pola que se fai público o acordo de creación do ficheiro de datos de carácter persoal de solicitantes nos procedementos de selección de persoal contratado temporal do Igape.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros de datos de carácter persoal das administracións públicas se realizará por medio dunha disposición xeral publicada no diario oficial correspondente.

Na súa virtude, no exercicio das facultades conferidas mediante acordo do Conselllo de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, na súa sesión do día 27 de xaneiro de 2000, a directora xeral do Igape

RESOLVEU:

Primeiro.-Créase no Igape o ficheiro de datos de carácter persoal de solicitantes nos procedementos de selección de persoal contratado temporal do dito instituto.

Segundo.-Características do ficheiro:

a) Finalidade e usos previstos: selección de persoal laboral temporal para prestar servicios no instituto, trala aprobación das respectivas convocatorias de prazas.

b) Persoas ou colectivos afectados: solicitantes de participación nos procesos selectivos que convoque o Igape para cubrir, con carácter temporal, prazas do seu persoal.

c) Procedemento de recollida de datos: formularios normalizados cubertos polo solicitante.

d) Estructura básica e tipos de datos de carácter persoal incluídos no ficheiro:

1. Datos de carácter identificativo: apelidos, nome, DNI, enderezo e teléfono.

2. Datos de características persoais: data de nacemento, nacionalidade, disposición para realizar traballos de tipo comercial.

3. Datos académicos e profesionais: titulación académica, experiencia laboral, outra formación, coñecemento de idiomas e informática, nº de meses como demandante de emprego, superación doutras probas de selección do Igape.

e) Non se prevé a cesión dos datos.

f) Órganos da Administración responsables do ficheiro: a responsabilidade do ficheiro corresponde, baixo a autoridade do Consello de Dirección do Igape e do seu presidente, á directora xeral do Igape, sen prexuízo da responsabilidade directa que na xestión e custodia do ficheiro lle corresponde á xefa de Persoal e ó responsable de Informática do dito ente.

g) Dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición: os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderán exercerse ante a directora xeral do Igape, na sede do instituto, complexo administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

h) Medidas de seguridade e nivel esixible: as medidas de seguridade, que se corresponden a un nivel básico,

son as recollidas no documento de seguridade do ficheiro que cumpre o establecido nos artigos 8 ó 14 do Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, aprobado por Real decreto 994/1999, do 11 de xuño, á disposición dos interesados na sede do Igape.

Terceiro.-Os datos de carácter persoal rexistrados no ficheiro automatizado do Igape a que se refire o punto primeiro só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal autorizado.

Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica