Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2000 Páx. 1.767

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de xaneiro de 2000 pola que se extingue a autorización, por cesamento de actividades, do centro de formación profesional específica da familia profesional de informática Azorín II, da Coruña.

Visto o expediente sobre extinción de autorización, por cesamento de actividades, do centro de formación profesional específica da familia profesional de informática Azorín II, sito na Rúa do Outeiro, 228, da Coruña; iniciado ó abeiro do artigo 17.1º do Decreto 133/1995, do 10 de maio (Diario Oficial de Galicia, do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e do punto oitavo.1 da Orde do 20 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia, do 15 de decembro) pola que se desenvolve o antedito decreto.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do establecido no artigo 16 do Decreto 133/1995 e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Extingui-la autorización, por cesamento de actividades, do centro de formación profesional

específica da familia profesional de informática Azorín II da Coruña, do que os datos se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Código do centro: 15027794.

Denominación específica: Azorín II.

Titular: Raquel Pichel Guerrero.