Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións de catro contratos para o servicio de limpeza.

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación dos seguintes contratos de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

c) Número de expedientes: 35/99, 36/99, 37/99 e 38/99.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto:

-Expediente 35/99: servicio de limpeza dos locais da delegación provincial.

-Expediente 36/99: servicio de limpeza dos locais das oficinas de emprego da provincia da Coruña.

-Expediente 37/99: servicio de limpeza das dependencias do Centro de Formación Ocupacional de Ferrol (A Coruña).

-Expediente 38/99: servicio de limpeza só das dependencias que neste momento se están a utilizar no Centro Nacional de Formación de Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 226, do 23-11-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importes totais:

-Expediente 35/99: 4.950.000 ptas.

-Expediente 36/99: 14.000.000 de ptas.

-Expediente 37/99: 5.000.000 de ptas.

-Expediente 38/99: 1.700.000 ptas.

5. Adxudicación:

a) Data: 17-12-1999.

b) Contratista:

-Expediente 35/99: Limpiezas Tabar, S.L.

-Expediente 36/99: Limpiezas del Noroeste, S.A. Linorsa.

-Expediente 37/99: Limpezas Tabar, S.L.

-Expediente 38/99: Limpiezas Tabar, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importes de adxudicación:

-Expediente 35/99: 4.950.000 ptas.

-Expediente 36/99: 12.945.600 ptas.

-Expediente 37/99: 4.975.000 ptas.

-Expediente 38/99: 1.600.000 ptas.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Mª Rosa Gómez Díaz

Delegada provincial da Coruña