Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dunha proposta de resolución do expediente sancionador C-4/1999, en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada no expediente sancionador por infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que considere pertinentes ante o instructor do procedemento, de confor

midade co establecido no artigo 7 da Lei 34/1987, da potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada Provincial da Coruña

ANEXO

Número expediente: C-4/1999.

Denunciado: José Mª Maceiras Santos.

DNI/CIF: 32.613.989.

Enderezo: r/ Castiñeiro, nº 9-2º B-Os Tilos (Teo).

Establecemento: La Ofisina.

Precepto infrinxido: 28 a), g) Lei 14/1985.

Precepto sancionador: 31.1º e 32 Lei 14/1985.

Sanción: 1.000.001 ptas.