Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 7 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foi outorgado o permiso de investigación Valiña, 5913.

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que por Resolución do 7 de decembro de 1999, foi outorgado o permiso de investigación Valiña, número 5913, de 20 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa no concellos de Castro de Rei da provincia de Lugo.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 7 de decembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo