Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 7 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai público que foi outorgado o permiso de investigación Ampliación A Visuña I, 5876.

A Delegación Provincial de Lugo fai saber que por resolución da Dirección Xeral de Minas do 15 de novembro de 1999, foi outorgado o permiso de investigación Ampliación A Visuña I, número 5876, de 3 cuadrículas mineiras para recursos de cobre, chumbo, cinc e outros, que se sitúa nos concellos de Folgoso do Courel, na provincia de Lugo e Oencia, na provincia de León.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Lugo, 7 de decembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo