Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo que se cita.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Viven

da, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-lo seguinte contrato:

Asistencia técnica dun estudio de avaliación da viabilidade técnica e económica da implantación dun tren lixeiro na conurbación de Vigo.

Adxudicatario: Unión Temporal de Empresas Macla Ingenierías Lixeiro, formada polas empresas Ciisa, Iceacsa, Idasa, Proyfe y Ufisa.

Orzamento de adxudicación: 17.776.000 ptas.

Prazo de execución: 5 meses.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2000.

P.D. (Orde 25-10-1983)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes