Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 10 de febreiro de 2000 Páx. 1.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia expediente de modificación concesional (segregación de tráficos) dentro da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7047; XG-421, entre Vigo-Gondomar-Fornelos (O Rosal), con anexos.

Ó abeiro do establecido no regulamento de execución da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado por Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iníciase expediente de modificación concesional (segregación de tráficos) dentro da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de viaxeiros por estrada: V-7047; XG-421, entre Vigo-Gondomar-Fornelos (O Rosal), con anexos, da titularidade de Viajes Melytour, S.L.

Os tráficos que se pretenden segregar son os correspondentes ós itinerarios Ponte Internacional-Tui-O Porriño-Redondela-Pontevedra e Amoedo-Cepeda-Nespereira-Alto dos Valos-Redondela.

Dentro do mesmo expediente queda integrada a solicitude de cambio de titularidade dos tráficos que se pretenden segregar, a favor de Castromil, S.A. e a modificación de horarios e aumento de expedicións no itinerario Ponte Internacional-Tui-O Porriño-Redondela-Pontevedra.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes