Con data do 11 de xaneiro de 2000, o Comité Galego de Xustiza Deportiva recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001994/1999 interposto por José Antonio Ramos Martínez contra a resolución do Comité Galego de Xustiza Deportiva de data 10 de setembro de 1999 (recurso número 585) sobre sanción de 8 meses de suspensión de licencia federativa.
En consecuencia, a Secretaría Xeral para o Deporte acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo á referida sala, o que se lles notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer como parte en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2000.
Eduardo Lamas Sánchez
Secretario xeral para o Deporte