Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (expediente 321/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 20 de xaneiro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente, por pedimento de José Costa Prieto, o proxecto de compensación da zona 10.b.2 do SU 29 do PXOU de Ourense.

Contra esta resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpor con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Contra a desestimación expresa do recurso de reposición, se se interpuxese, ou ben directamente contra esta resolución, é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros que así crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 26 de xaneiro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente