Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO de concurso de prestación do servicio de mantemento, conservación e reparación da iluminación pública.

1. Entidade aduxicadora.

a) Organismo: Concello de Mugardos.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servicio de mantemento, conservación e reparación da iluminación.

b) Lugar de execución: concello de Mugardos.

c) Duración do contrato: 2 anos, prorrogándose automaticamente se ningunha das partes o denuncia con dous meses de antelación ó do vencemento do contrato inicial ou das súas prórrogas. A duración total do contrato, incluídas as súas prórrogas, non poderá exceder dos catros anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.500.000 ptas., (33.055,665 euros), IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 110.000 ptas.

b) Definitiva: 220.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Mugardos. Secretaría.

b) Enderezo: Avda. de Galicia, 45.

c) Localidade e código postal: Mugardos 15620.

d) Teléfono: 981 47 03 38-47 02 90.

e) Fax: 981 47 20 17.

f) Data límite de obtención de documentos: ata as 13 horas do día anterior a aquel no que remate no prazo de presenta-las proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: das 9 ás 13 horas dentro do prazo de trece días nautrais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados:

-Sobre A, subtitulado «Oferta económica», conterá a proposición económica formulada de conformidade co modelo que figura no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Sobre B, subtitulado «Personalidade xurídica e xustificantes», conterá a documentación esixida na cláusula 10.2 do prego.

-Sobre C, subtitulado «Referencias técnicas e melloras», conterá a documentación esixida na cláusula 10.3 do prego.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Concello de Mugardos.

2º Enderezo: Avda. de Galicia, 45.

3º Localidade e código postal: Mugardos 15620.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Mugardos (salón de sesións).

b) Enderezo: Avda. de Galicia, 45.

c) Localidade: Mugardos.

d) Data: quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas (agás os sábados, que pasará ó luns seguinte).

e) Hora: 12 da mañá.

10. Outras informacións.

Secretaría, na primeira planta do concello.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

12. Pregos.

É de aplicación o prego de cláusulas administrativas xerais aprobado polo Pleno o día 28-1-2000.

Mugardos, 31 de xaneiro de 2000.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde