Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

EDICTO.

Por Resolución do 27 de xaneiro de 2000, o alcalde vén de aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do Plan parcial Monte Devesa II, situado na parroquia dos Ánxeles, confeccionado polo arquitecto Francisco Otero Méndez, do que é promotor Mahía Inmobiliaria, S.L.

O que se fai público en cumprimento do artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para exame e coñecemento de tódolos posibles afectados e formulación de alegacións, se fose o caso.

Brión, 27 de xaneiro de 2000.

José Luis García García

Alcalde