Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2000 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto, para a adxudicación da obra que se cita. (Expediente 405/1999).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 405/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: climatización na ETS de Enxeñería Industrial e Minas de Vigo. b) Lugar de execución: Vigo. c) Prazo de execución: 25 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 25.935.869 pesetas.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Universidade de Vigo, Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Enderezo: r/ Areal, 46-anexo, 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación esixible: grupo J, subgrupo 2, categoría E.

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1º Entidade: Rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2º Domicilio: r/ Areal, 46, edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo, 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses. e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta. c) Localidade: Vigo, 36201. d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas. e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 2 de febreiro de 2000.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo