Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 242SA/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e ó seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que,

intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

A Coruña, 27 de xaneiro de 2000.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente: 242SA/1999.

Denunciado: Castro Martínez, Manuel.

Último enderezo coñecido: Meixonfrío, nº 6, Santiago de Compostela.

DNI: 33.206.852

Feito denunciado: transportar nun Ford Transit matrícula PO-9959-Z sete animais da especie cabrúa, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar animais vivos no Servicio de Producción e Sanidade Animal desta consellería.

Tipificación da infracción e Regulamento de epizootias: 52 do Regulamento de epizootias e 5.2º da Orde do 4-4-1997 en relación co 224 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 pesetas.