Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.694

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias 149SA e 192SA/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e máis do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, ésta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada

perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2000.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 149SA/1999.

Denunciado: Fariña González, Manuel.

Último enderezo coñecido: Martinete, nº 122, A Coruña.

DNI: 76.306.497

Feito denunciado: transportar 5 animais caprinos no vehículo matrícula C-3318-AZ procedentes da súa explotación con destino ó mercado de Vilalba, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para o transporte de gando vivo no Servicio de Producción e Sanidade Animal desta consellería.

Tipificación da infracción e Regulamento de epizootias: 52.4º do Regulamento de epizootias e 5.2º da Orde do 4-4-1997 en relación co 224 do mesmo regulamento.

Sanción: 15.000 pesetas.

Expediente: 192SA/1999.

Denunciado: Iglesias López, Víctor Manuel.

Último enderezo coñecido: praza do Rei, nº 20, Lugo.

DNI: 33.345.869

Feito denunciado: ter baixo a súa responsabilidade, no mercado de Amio, un animal bovino identificado cun só crotal auricular ES041102570357.

Tipificación da infracción e Regulamento de epizootias: 5 do Real decreto 205/1996, 4 do Regulamento (CE) nº 820/1997 e 2 do Decreto 85/1998 en relación co 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 15.000 pesetas.