Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/122-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T. adecuación de seccións Verín.

Situación: Verín.

Características técnicas: substitución do conductor das liñas a 20 kV subterráneas seguintes por conductores de 240 mm de sección: liña desde C.T. Monxas ó C.T. polideportivo; desde C.T. viviendas MOPU-I ó C.T. r/ Espido; desde C.T. oficina ó C.T. Luis Espada. Desde o C.T. Julio García ó C.T. Sousas será de 150 mm Al e a L.M.T. aérea ó C.T. MOPU-II pasarase a LA-110.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 30 de decembro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense