Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/352-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15009 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. Frades.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos, en conductor LA-56, de 1.676 m de lonxitude, con orixe no apoio anterior á derivada á liña L.M.T. S.S. de Enfesta e final no C.T. Frades, existente (expediente 31630). Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de decembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña