Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 09 de febreiro de 2000 Páx. 1.666

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta de modificación do convenio colectivo da empresa GSB Galfor, S.A. de Ourense.

Visto o texto da acta de modificación do convenio colectivo da empresa GSB Galfor, S.A. (código convenio nº 3200822) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais ó día 17-12-1999, subscrito en representación da parte económica pola empresa e, de parte social, comité de empresa, o día 15-12-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segunda.-Ordena-lo seú depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación (UMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de decembro de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta reunión comité de empresa

Pola dirección:

Ramón Terroba.

José L. Prado.

Polo comité:

José I. Lobato Martínez.

Juan A. García Conde.

Manuel González Quiroga.

Antonio Dabouza Dafonte.

Inocencio Quevedo Gómez.

Perfecto Álvarez Fernández.

Manuel Alonso Rodríguez.

José E. Lorenzo Alcalde.

Ignacio Domínguez Carballo.

José M. Concheiro Martínez.

Epifanio Dafonte Casares.

Dario González Fontán.

Pedro Ortiz Armesto.

En San Cibrán sendo as 12 horas do día 15 de decembro de 1999, reuníronse nos locais da empresa GSB Galfor, S.A. os representantes da parte económica e social da que arriba se relacionan, para modifica-lo artigo 3 do convenio incluíndo nel un terceiro parágrafo co contido seguinte:

«Este convenio é asinado pola dirección e o comité de empresa».

E sen máis asuntos que tratar levántase a sesión sendo as 12.30 horas do día anteriormente sinalado.