Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión extraordinaria que tivo lugar o día 13 de outubro de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización promovido por José Naya Aldao, en representación de Promociones Inmobiliarias Naya Liñares Ramón S.L. para a urbanización da parcela nº 7 da unidade de actuación nº 4-Arteixo, segundo proxecto redactado polo arquitecto Roberto Chao Gavilán e visado polo COAG con data do 15 de

setembro de 1999, o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes (expediente 25/1999.PUR).

Arteixo,16 de novembro de 1999.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde