Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.654

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ALLARIZ

ANUNCIO de poxa por procedemento aberto.

1. Obxecto: venda mediante poxa pública, por procedemento aberto, das seguintes parcelas (bens patrimoniais) sitas no polígono industrial de Chorente, descritas pola súa situación conforme aparecen no plano parcelario resultante do plan parcial aprobado: parcelas número 1, 4, 5, 9, 10, 16 e 25.

2. Tipo de licitación: 3.500 ptas./m.

3. Duración do contrato: o Concello de Allariz comprométese a traslada-la propiedade e posesión das parcelas descritas, mediante o outorgamento da escritura pública ante notario, logo de segregación, dentro dos quince días seguintes ó de adxudicación, con plena aplicación do cadro xeral da data de dereitos e obrigas da compravenda, segundo os preceptos do Código civil.

4. Garantía provisional e definitiva: a provisional será dun 2 por 100 do tipo de licitación establecido para cada unha das parcelas segundo quedou antes reflectido, coa particularidade establecida no punto segundo da cláusula 4ª do prego de condicións.

A definitiva será do 4 por 100 do prezo do remate.

5. Ingreso: o ingreso efectuarase na forma e nos prazos determinados polo prego.

6. Gastos: o adxudicatario queda obrigado ó pagamento dos anuncios e impostos que procedan.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares. Durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Presentación e apertura de proposicións: os licitadores soamente poderán presentar unha proposición por parcela na secretaría do concello, en horas de oficina (das 9 ás 14 horas), durante o prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio no último dos boletíns oficiais nos que apareza, DOG ou BOP.

A mesa de contratación terá lugar no salón de actos da Casa do Concello de Allariz, ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que termine o prazo sinalado no punto 1 da cláusula 8ª do prego de condicións.

9. Adxudicación do contrato: a mesa de contratación elevará o expediente ó Pleno da Corporación para a súa adxudicación definitiva, que deberá recaer dentro dos 20 días seguintes ó de apertura de proposicións económicas.

10. Formalización do contrato: a adxudicación do contrato formilizarase en escritura de compravenda conforme as normas do Código civil.

11. Documentación complementaria e modelo de oferta: segundo se describen no punto 8 do prego de cláusulas administrativas.

12. O prego de cláusulas administrativas publicarase integramente no BOP.

Allariz, 10 de novembro de 1999.

Anxo M. Quintana González

Alcalde