Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-26/1999 incoado por infracción da Lei de pesca fluvial, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos

expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguiente ó desta publicación, podrerá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro por la vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

Lugo, 18 de novembro de 1999.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: P-26/1999.

Denunciado: Abilio Jorge Ferreira Pereira.

DNI: X-0265875-H.

Enderezo: San Lázaro Ponte, nº 5, Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana no couto de pesca de Ombreiro, en época de veda. Feitos constatados o día 7-3-1999 no río Miño na marxe dereita. Lugo.

Precepto sancionador: artigo 34.8º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

Artes comisadas: unha cana e un carrete depositados nas dependencias do Seprona, Garda Civil de Lugo.