Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.646

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 29 de decembro de 1999, da Área de Servicios Sociais da provincia da Coruña, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre prestacións de LISMI, R.D. 383/1984, que se relacionan no anexo.

En uso das competencias sobre as prestacións da LISMI atribuídas no artigo 43 do R.D. 383/1984, do 1 de febreiro e polo R.D. 258/1985, do 23 de xaneiro, ó resultaren falidas as anteriores notificacións por correo e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 4 /1999, do 13 de xaneiro, (BOE do 14) que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), notifícase a cada un dos abaixo citados a resolución dictada tras a revisión dos seus expedientes pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución poderá interpoñer reclamación por escrito perante esta delegación provin

cial formulando as alegacións e achegando as probas que coide convenientes no prazo de 15 días a partir do seguinte a esta publicación. Se no prazo indicado non presentou reclamación poderá interpoñer, dentro do mes seguinte, recurso de alzada perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, directamente ou a través desta delegación provincial, conforme o artigo 114 da Lei 4/1999 antes citada.

A Coruña, 29 de decembro de 1999.

Manuel Barral Castro

Delegado Provincial da Coruña

ANEXO

Solicitante: García Santiago, Manuel Jesús.

DNI: 76.398.222.

Resolución: extinción e reclamación importes.

Causa: non comunicar modificación da situación.

Fundamentos: artigos 30 e 41. R.D. 383/1984. Disposición Tra. 11ª. R.D. 1/1998. Lei 3/1997.