Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 08 de febreiro de 2000 Páx. 1.625

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do calendario laboral para o ano 2000 do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira da provincia da Coruña, asinado pola comisión paritaria do convenio colectivo.

Visto o texto da acta asinada o día 3 de decembro de 1999 pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de rematantes e serradoiros de madeira

da provincia da Coruña (código 1501235), integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Rematantes e Serradoiros de Madeira da Coruña e das centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG, mediante o que se fixa o calendario laboral para o ano 2000, no ámbito do referido convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de decembro de 1999.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta.

Asistentes:

Parte empresarial:

Ramón Romero Quintáns.

Benito García Sánchez.

Manuel Piñeiro Esperante.

Parte sindical:

UGT: Jesús Mari Calvo Romero.

CC.OO.: Santiago Huertas Pozurama.

CIG: Victorino Ares Prado.

Na cidade da Coruña, ás dezasete horas do día tres de decembro de mil novecentos noventa e nove, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo provincial de rematantes e serradoiros de madeira para, dando cumprimento ó pactado no artigo 18 do devandito convenio, confeciona-lo calendario laboral que rexerá desde o 1 de xaneiro do ano 2000 ata o 31 de decembro do mesmo ano.

Ámbalas partes proceden á confección do citado calendario, o texto do cal figura anexo á presente acta.

E sen máis asuntos dos que tratar levántase a sesión, sendo as dezaoito horas da data enriba sinalada, asinando a conformidade a totalidade dos asistentes.