Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.589

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2000 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de paleontoloxía, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, a Roberto Bao Casal.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 12 de febreiro de 1999 (BOE do 13 de marzo), para a provisión da praza número 99/011 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de paleontoloxía, departamento de Ciencias da Navegación e da Terra desta universidade, a favor de Roberto Bao Casal, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Roberto Bao Casal profesor titular de universidade da área de coñecemento de paleontoloxía, do departamento de Ciencias da Navegación e da Terra desta universidade.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña