De conformidade co establecido no artigo 27.2º la Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1993, do 10 de abril, o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificio administrativo de San Caetano, bloque terceiro, baixo, Santiago de Compostela), nas súas delegacións territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionado/a, para ocupa-lo posto de traballo relacionado no anexo I desta orde, un/ha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento no que presta servicios, considerándose neste sentido, de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma procederase á adxudicación do posto para o que foi seleccionado/a.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo, ou dun mes de tratarse de distinta localidade ou de reingreso ó servicio activo, e este comezarase a contar desde o día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo o prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ó da publicación desta.
Oitavo.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia; de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo o demandante ou ben no da Coruña, á súa escolla, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2000.
P.D. (Orde 13-12-1993)
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería
de Economía e Facenda
ANEXO I
Denominación: xefe Servicio Valoración.
Código do posto: EFC992000036560070.
Nivel: 28B.
C. específico: 1.459.680.
Tipo posto: N.
Grupo: A/B.
Corpo/escala: especial.
Centro directivo: delegación territorial.
Localidade: Vigo.