Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 07 de febreiro de 2000 Páx. 1.516

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 25 de xaneiro de 2000 pola que se establecen normas para a renovación do mandato dos vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais de Servicios Sociais.

Os artigos 40 e 41 da Lei 4/1993, do 14 de abril de 1993, de servicios sociais (DOG nº 76, do 23 de abril) configuran, respectivamente, o Consello Galego de Servicios Sociais como órgano superior consultivo e de participación da Comunidade Autónoma no eido dos servicios sociais e os consellos provinciais de Servicios Sociais como órganos consultivos e de participación en materia de servicios sociais no ámbito provincial, con análoga composición e funcións que o Consello Galego de Servicios Sociais no que resulte aplicable, remitindo en ámbolos dous casos o seu desenvolvemento a unha posterior disposición de carácter regulamentario.

Cumprindo o mandato legal dos devanditos artigos, o Decreto 336/1994, do 27 de outubro de 1994, (DOG nº 218, do 11 de novembro) desenvolve a referida lei no relativo ós consellos de servicios sociais, e establece nos seus artigos 4 e 16 a composición do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais de Servicios Sociais.

Así mesmo, o artigo 5º do referido decreto fixa en catro anos a duración do mandato dos vocais representativos, igual que o artigo 4 da Orde do 14 de novembro de 1997, (DOG nº 234, do 3 de decembro) pola que se publica o Regulamento de funcionamento interno do Consello Galego de Servicios Sociais, que regula ademais no artigo 18 a renovación do consello e o procedemento electoral.

Por outra banda, a Orde do 10 de maio de 1995, (DOG nº 105, do 2 de xuño) estableceu as normas para a constitución do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais de Servicios Sociais, próximos a expira-lo mandato de catro anos desde a súa constitución, polo que se procede á elaboración dunha nova orde de convocatoria para a renovación do mandato dos vocais que ademais refunda tódolos cambios normativos producidos desde o ano 1995 ata a actualidade, procedendo tamén á elaboración dun novo censo electoral.

Nesta orde establécense as normas e prazos que deberán rexe-lo procedemento para a renovación ou reelección, se é o caso, e posterior nomeamento dos vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais de Servicios Sociais.

En virtude do exposto, de acordo co establecido na disposicición derradeira primeira do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, en cumprimento do

disposto no artigo 18 da Orde do 14 de novembro de 1997 e en virtude das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro de 1983 (DOG nº 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e do seu presidente

DISPOÑO:

I. Renovación do Consello Galego de Servicios Sociais.

Artigo 1º

1. Para proceder á renovación do mandato dos vocais do Consello Galego de Servicios Sociais, de acordo co disposto no artigo 4 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais e no artigo 18 da Orde do 14 de novembro de 1997, pola que se publica o Regulamento de funcionamento interno do Consello Galego de Servicios Sociais, os órganos e entidades que a continuación se relacionan deberán designa-los seus representantes no Consello Galego de Servicios Sociais, así como un suplente por cada un deles, no prazo dun mes desde a publicación desta orde:

a) Consellería da Presidencia e Administración Pública: un representante.

b) Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: un representante.

c) Consellería de Sanidade e Servicios Sociais: un representante.

d) Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude: un representante.

e) Órganos de representación das corporacións locais: seis representantes que se designarán pola Federación Galega de Municipios e Provincias e que se repartirán do seguinte xeito:

-Un represetante das deputacións provinciais.

-Tres representantes dos concellos cunha poboación superior a 20.000 habitantes.

-Dous representantes dos concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.

f) Como organizacións sindicais máis representativas na Comunidade Autonóma de Galicia:

-Unión Xeral de Trabajadores (UGT): dous representantes.

-Comisións Obreiras (CC.OO.): un represetante.

-Confederación Intersindical Galega (GIG): un representante.

g) Cruz Vermella Española: un representante.

h) Cáritas Diocesana: un representante.

i) Confederación de Empresarios de Galicia: catro representantes.

j) Colexio Oficial de Psicólogos: un representante.

k) Colexio Oficial de Sociólogos: un representante.

l) Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais: un representante.

ll) Consello Galego de Consumidores e Usuarios: un representante.

2. Así mesmo, e de acordo co disposto no artigo 4 d) do citado decreto, o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, por proposta do director xeral de Servicios Sociais, nomeará un secretario e un suplente entre os funcionarios do departamento.

Artigo 2º

Para a designación dos vocais en representación das entidades prestadoras de servicios sociais que estean inscritas nos rexistros regulados polo Decreto 291/1995, do 3 de novembro, desenvolvido pola Orde do 5 de febreiro de 1996, establécese o seguinte procedemento:

Primeiro

Os vocais que se elixirán serán os seguintes:

a) Dous en representación das entidades que actúen na área da familia, infancia e xuventude, correspondéndolle un a familia e infancia e outro a xuventude. Efectuarase a elección por separado.

b) Tres en representación das que actúen no ámbito das minusvalideces, correspondéndolle un ás dedicadas ás minusvalideces psíquicas, outro ás físicas, e outro ás sensoriais. A elección efectuarase por separado.

c) Dous en representación daquelas que actúen na área da vellez, correspondéndolle un ás entidades que non dispoñan de centros asistenciais e outro ás que dispoñan deles, efectuándose a elección por separado.

d) Un en representación das entidades que actúan no ámbito da muller.

e) Un en representación das entidades que actúen nas áreas de drogodependencias e alcoholismo, minorías étnicas, delincuencia, reinserción de ex-internos ou outras problemáticas de marxinación social.

f) Un en representación das entidades veciñais.

Segundo

1. Poderán participar na elección as entidades que figuren inscritas nos rexistros de entidades pres

tadoras de servicios sociais relacionadas no anexo I a esta orde.

As entidades prestadoras de servicios sociais deberán figurar inscritas con polo menos un ano de antigüidade á data de finalización do mandato representativo dos vocais do Consello Galego de Servicios Sociais.

Cada entidade inscrita que conte con un ou con ningún centro terá dereito a un voto e un máis por cada centro adicional do que dispoña.

2. O número de votos que lle corresponde a cada unha delas, que se establecen en función do número de centros de que dispoñen, é o recollido así mesmo no anexo I a esta orde.

Terceiro

As entidades que desexen presentar candidato a algún dos postos que polo seu ámbito funcional lle corresponda deberán facelo no prazo de quince días naturais desde a publicación desta orde. As candidaturas deberán presentarse en sobre pechado e dirixido á Dirección Xeral de Servicios Sociais, no rexistro da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou nos das respectivas delegacións provinciais dela, ou ben de calquera dos xeitos sinalados no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de 1992 (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro de 1999 (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, indicando no exterior do sobre: «Presentación de candidaturas para o Consello Galego de Servicios Sociais.».

Cuarto

Para poderen ser proclamadas como tales, as candidaturas deberán ir propostas polo menos por tres entidades inscritas nos devanditos rexistros, sen que cada unha delas poida subscribir máis dunha proposta de candidatura.

As propostas de candidaturas que non se avalen tal como se sinala no parágrafo anterior e as presentadas fóra de prazo, así como as de entidades que non figuren inscritas nos devanditos rexistros, quedarán excluídas automaticamente, non podendo optar á elección.

A presentación de candidaturas, así como as propostas que deben acompañalas, deberán remitirse nun único sobre e conforme os modelos oficiais que se publican como anexos II e III, respectivamente.

Artigo 3º

1. Para os efectos do artigo anterior, no prazo de quince días naturais, a Consellería de Sanidade e

Servicios Sociais procederá a examina-las propostas presentadas, excluíndo aquelas que non reúnan os requisitos sinalados, e a proclama-los candidatos, que se publicarán no Diario Oficial de Galicia para que no prazo de quince días naturais desde a súa publicación emitan o seu voto as entidades, conforme o modelo que se publica como anexo IV á presente orde, en sobre pechado, presentados na mesma forma que se indica no procedemento para a presentación de candidaturas, debendo figura-lo seguinte enderezo:

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Dirección Xeral de Servicios Sociais.

Elección de vocais para o Consello Galego de Servicios Sociais.

Edificio administrativo San Caetano, nº 8 Edificio Pirámide.

15771 Santiago de Compostela.

2. Resultarán elixidos vocais titulares os candidatos que acaden a maioría dos votos validamente emitidos dentro de cada sector, sendo elixidos como suplentes os candidatos que obteñan un número de votos inmediatamente inferior ó gañador.

En caso de empate, será designado, en ámbolos dous supostos, o candidato que fose proposto polo maior número de entidades ou asociacións inscritas.

De persisti-lo empate, resolverase a favor da entidade coa data de constitución máis antiga.

3. Transcorridos dez días naturais desde o remate do prazo para votar, efectuarase a apertura dos sobres que conteñen o voto, en acto público, no que estarán presentes tres funcionarios da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

4. Consideraranse nulos tódolos votos que non se emitan no modelo oficial ou aqueles que conteñan riscaduras, raspaduras ou emendas.

5. Unha vez rematado o escrutinio dos votos, a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais publicará os resultados definitivos das eleccións, proclamando os candidatos electos, así como os seus suplentes, que serán nomeados vocais do Consello Galego de Servicios Sociais polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, na súa calidade de presidente del, publicándose no Diario Oficial de Galicia tal como establece o artigo 5.3º do Decreto 336/1994, en relación co seu artigo 4, e o artigo 4.3º da Orde do 14 de novembro de 1997, pola que se publica o Regulamento de funcionamento interno do Consello Galego de Servicios Sociais.

II. Renovación dos consellos provinciais de Servicios Sociais.

Artigo 4º

1. Para proceder á renovación dos consellos provinciais de Servicios Sociais de acordo co disposto no artigo 16 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, os órganos e entidades que a continuación se relacionan deberán designa-los seus representantes nos respectivos consellos provinciais, así como un suplente por cada un deles, no prazo dun mes desde a publicación desta orde:

a) Consellería da Presidencia e Administración Pública: un representante.

b) Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: un represetante.

c) Consellería de Sanidade e Servicios Sociais: un representante.

d) Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude: un representante.

e) Órganos de representación das corporacións locais: dous representantes designados do seguinte xeito:

-Un represetante da deputación provincial que será designado por esta.

-Un representante dos concellos designado pola Federación Galega de Municipios e Provincias.

f) Unión Xeral de Traballadores (UGT): un representante; Comisións Obreiras (CC.OO.): un represetante e Confederación Intersindical Galega (GIG): un representante.

g) Organizacións empresariais máis representativas na provincia: tres representantes.

h) Cruz Vermella Española: un representante.

i) Cáritas Diocesana: un representante.

j) Colexio Oficial de Psicólogos: un representante.

k) Colexio Oficial de Sociólogos: un representante.

l) Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social e Asistentes Sociais: un representante.

ll) Consello Galego de Consumidores e Usuarios: un representante.

2. Así mesmo, e consonte co disposto no artigo 16.d) do citado decreto, os delegados provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

nomearán un secretario e un suplente de este por cada delegación provincial.

Artigo 5º

Para a designación dos vocais en representación das entidades prestadoras de servicios sociais na correspondente provincia establécese o seguinte procedemento:

Primeiro

Os vocais que se elixirán serán os seguintes:

a) Tres en representación das entidades prestadoras de servicios sociais elixidos entre as entidades inscritas nos rexistros regulados polo Decreto 291/1995, do 3 de novembro, desenvolvido pola Orde do 5 de febreiro de 1996.

b) Un en representación das entidades veciñais, elixido entre as entidades inscritas nos devanditos rexistros.

Segundo

1. Poderán participar na elección tódalas entidades inscritas nos rexistros de entidades prestadoras de servicios sociais relacionadas no anexo I desta orde.

Cada entidade inscrita que conte con un ou ningún centro terá dereito a un voto e un máis por cada centro adicional do que dispoña.

2. O número de votos que lle corresponde a cada unha delas, que se establece en función do número de centros de que dispoñan, é o recollido tamén no anexo I citado.

Terceiro

As entidades que desexen presentar candidato a algún dos postos que polo seu ámbito funcional lles corresponda deberán facelo no prazo de quince días naturais desde a publicación desta orde. As candidaturas deberán presentarse en sobre pechado e dirixido á Dirección Xeral de Servicios Sociais, no rexistro da delegación provincial correspondente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou ben de calquera das formas sinaladas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, indicando no exterior do sobre: «Presentación de candidaturas para os consellos provinciais de Servicios Sociais.».

Cuarto

Para poder ser proclamadas como tales, as candidaturas deberán ir propostas polo menos por tres entidades inscritas nos devanditos rexistros, sen que

cada unha delas poida suscribir máis dunha proposta de candidatura.

As propostas de candidaturas que non se avalasen tal como se sinala no parágrafo anterior e as presentadas fóra de prazo, así como as de entidades que non figuren inscritas nos devanditos rexistros, quedarán excluídas automaticamente, non podendo optar á elección.

A presentación de candidaturas, así como as propostas que deben acompañalas, deberán remitirse nun único sobre e consonte os modelos oficiais que se publican como anexo II e III, respectivamente.

Artigo 6º

Para os efectos do artigo anterior, no prazo de quince días naturais, a delegación provincial correspondente da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais procederá a examina-las propostas presentadas, de acordo co procedemento que para o Consello Galego de Servicios Sociais se determina no artigo 3º da presente orde, se ben para a emisión do voto deberá figurar en sobre pechado o seguinte enderezo:

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Dirección Xeral de Servicios Sociais.

Elección de vocais para o Consello Provincial de Servicios Sociais.

Edificio administrativo San Caetano, nº 8 Edificio Pirámide.

15771 Santiago de Compostela.

Disposición adicional

Para os efectos do sinalado nesta orde non se considerarán centros os locais dedicados exclusivamente a oficinas e aqueles nos que simplemente se leven a cabo tarefas administrativas.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 10 de maio de 1995 pola que se establecían normas para a constitución do Consello Galego de Servicios Sociais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director/a xeral de Servicios Sociais para dicta-las disposicións necesarias para a execución e desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais