Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 04 de febreiro de 2000 Páx. 1.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación do proxecto de obra de construcción de 6 vivendas, garaxes e rochos en Cerdido, provincia da Coruña. (Expediente C-98/050).

Obxecto: proxecto de execución e as obras que comprende o proxecto básico de construcción de 6 vivendas, garaxes e rochos en Cerdido, provincia da Coruña.

Orzamento: cincuenta e un millóns cento vintedúas mil novecentas catro (51.122.904) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: quince (15) meses.

Clasificación: grupo C; subgrupos 2, 4, 6 e 7; categoría c.

Garantía provisional: exenta conforme a cláusula 8.2.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantía definitiva: dous millóns corenta e catro mil novecentas dezaseis (2.044.916) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 19 02) no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2000.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo